O Río Chamoselo, afluente do Eume, arrastra importantes cantidades de metais pesados e segue amosando un pH estremadamente ácido, con valores por baixo de 3,6. A importante cantidade de auga tóxica que este río está a achegar, fai que as condicións do Eume volten a empeorar.
A crise ecolóxica no Eume púxose de manifesto en xullo pasado cando comenzou a captación de auga para o recheo da mina de Endesa e se rexistraron as primeiras mortandades de peixes debido á acidificación. Logo das actuacións de control nos afluentes (Chamoselo e Lavadoiro) e da masiva adición de carbonato no encoro da Capela, ningunha das causas que responsábeis da crítica situación do Eume están hoxe solucionadas:
-Mantense a captación de auga por parte de Endesa para encher a mina, reiniciada despois do verán. Mantéñense as incertidumes sobre o comportamento ambiental e xeotécnico desta enorme balsa ácida que está a medrar na cabeceira dun Parque Natural, cuxos efectos, en caso de accidente, poderían ser catastróficose para o Eume e a ría de Ares.
-Os labores de selado dos taludes e de contención das escorrentías procedentes das obras da autovía Ferrol-Vilalba, que aportan unha alta acidez e preocupoantes cantidades de metais pesados foron ineficaces.
-As toneladas de bicarbonato cálcico vertidas pola Consellería de Medio Ambiente no río nun inútil intento de por elevar o pH foron só un parcheo e non solucionaron o problema. Estas actuacións, mesmo poden ser causa de máis problemas ambientais e técnicos (inestabilidade do formigón do encoro) que aportar solucións duradeiras.
-E por se isto fora pouco as mesmas obras da autovía Ferrol-Vilalba continúan o seu avanzo e comezan a afectar xa a unha nova bacía fluvial: o río Trimaz ten xa un pH por baixo de 4,6, case 1000 veces superior ao normal, e amosa unha alta turbidez. Este río é afluente do Ladra, que goza de especial protección comunitaria ao formar parte do LIC Parga-Ladra-Támoga, pertecente á Rede Natura.
Cantas veces vai a Consellería de Medio a cometer os mesmos erros e canto nos vai custar agora?