Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
CAMPUS UAB, 6 DE NOVEMBRO, 15:30 H

Concerto de Ataque Escampe na Universitat Autònoma de Barcelona

 O grupo galego actúa no marco da Festa Major da UAB, onde presentará o seu novo disco "Galicia es una mierda"

Lectorado de Galego da UAB - 18:00 03/11/2008

Ataque Escampe definen a súa proposta musical como rock de serie B "porque partindo dunha instrumentación sinxela ofrecemos unha proposta musical que trata de ser sólida e autónoma, encadrábel nunha traxectoria antivirtuosa practicamente inédita na Galiza, na xenealoxía que se podería trazar desde Neil Young até Violent Femmes pasando por Jonathan Richman, estendendo estraños tentáculos que rozasen, por exemplo, a Xil Ríos".

Neste xeito de entender a música conflúen un inxente abano de xéneros, que van desde o bolero ao punk, pasando polo vals, o tango, a canción popular galega, o country, o fox-trot, o rock ou a rumba.

O seu último traballo, Galicia es una mierda, pretende acoller todas as contradicións existentes "na Galiza, no mundo e na historia da música". De Manuel Antonio aos Tonechos, de John Wayne a Lenin, e de Neil Young aos Panchos.

Galicia es una mierda está editado comercialmente polo selo A Regueifa Discos, e pódese descargar de balde desde o netlabel A Regueifa Plataforma.

O concerto, organizado por Cultura enViu e mais o Lectorado de Galego da UAB, inscríbese na celebración da Festa Major da Universitat Autònoma de Barcelona.

Xoves 6 de novembro de 2008 ás 15h30

Plaça Cívica
Campus UAB, Bellaterra
(Cerdanyola del Vallès)

Organizan: Lectorado de Galego da UAB, Cultura enViu

Colaboran: Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia || Rede.cat


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: