Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
COMICIOS EN EUSKADI

ETA oponse a que a esquerda abertzale conforme unha lista electoral

O xornal Deia asegura que se intenta abortar unha candidatura nucleada arredor do sindicalista Rafa Díez.

Redacción - 14:20 02/11/2008

A actualidade política en Euskadi ten unha data clave a curto prazo: marzo de 2009. Aí saberase se finalmente, por vez primeira, a esquerda abertzale queda sen ningún tipo de representación no parlamento vasco. Os continuos procesos xudiciais e a ilegalización de siglas póñelle as cousas moi difíciles a este sector político. Mais segundo unha información coa que abre este domingo o xornal Deia, a propia ETA non quere que os sectores máis “posibilistas” da esquerda independentistas se presenten aos comicios.

O medio de comunicación vasco asegura que hai movementos de persoas do entorno do histórico dirixente do sindicato LAB, Rafa Díez Usabiaga, que non están afectados pola Lei de Partidos e que estarían intentando elaborar unha candidatura ao parlamento vasco. Esta tendencia, partidaria da negociación e da fin da violencia, volvería poñer enriba da mesa os postulados do acordo de Lizarra.

Poden ler aquí a información completa


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: