 
Xoga o sábado contra o Playas de Castellón. O partido disputarase no multiusos do Sar, ás 18.30 horas.
Os homes adestrados por  Tomás de Dios reciben a un club histórico da División de Honra, como é o Playas de Castellón. Agárdase un encontro intenso e igualado entre dous equipos que se atopan empatados con 10 puntos na clasificación.  Será o primeiro partido que o Lobelle xogua no Sar, despois de que a liga se parara por mor do mundial. Tratarán de manter a súa racha na casa, onde contan por vitorias os tres partidos xogados até o momento. 
O Lobelle tratará de redimirse ante a súa afección da derrota sufrida a pasada fin de semana ante o Peinasa Cartagena. Os de Castellón, pola súa parte, veñen de impoñerse no partido anterior ao Carinecer Torrejón.
Para  a procura da vitoria, o adestrador dos compostelás poderá contar con Luís e Eka, que non puideron estar no último partido de Cartagena.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto