Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ATENTADO

ETA fai estourar un coche bomba na Universidade de Navarra e causa 17 feridos leves

Aínda que houbo unha chamada de alerta, as autoridades afirman que non se desaloxou o campus de Pamplona porque a chamada era imprecisa.

Redacción - 13:00 30/10/2008
Tags: atentado ETA

Pouco antes das 11 horas da mañá deste xoves estourou un coche cargado de explosivos no campus da Universidade de Navarra. O atentado provocou feridas leves a dezasete persoas que se atopaban no lugar. Ao parecer, unha hora antes, un comunicante chamou á DYA de Álava en nome de ETA a colocación dun artefacto explosivo. Porén, dende o goberno español aseguran que non se desaloxou a zona porque a chamada non precisaba o lugar exacto, polo que en principio pensaron que ETA colocara a bomba no campus de Álava.

Esta non é a primeira vez que ETA pon no seu punto de mira esta institución privada de ensino. A Universidade de Navarra, ligada ao Opus Dei, fundouse en 1952 e conta na actualidade con máis de cinco mil alumnos.


4,25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: