Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
LUNS, 3 DE NOVEMBRO, 10 H

Conferencia de María do Cebreiro na Universitat de Barcelona

"Alteridade e poesía. Reflexións sobre o desdobramento enunciativo"

Filoloxías Galega e Portuguesa da UB - 18:00 29/10/2008

2008-10-13 María do Cebreiro Rábade Villar (Compostela 1976), profesora de Teoría da Literatura na Universidade de Santiago de Compostela, é unha das novas voces da poesía galega actual. Entre as súas publicacións podemos salientar: Non queres que o poema te coñeza (2004), As antoloxías de poesía de Galicia e Cataluña (2004), O barrio das chinesas (2005), As terceiras mulleres (2005), Os hemisferios (2006) ou Cuarto de outono (2008). Coordinou unha escolma de poesía galega traducida ao inglés, A poesía é o gran milagre do mundo (2001), e mais Damas negras (2002), antoloxía de cancións interpretadas por mulleres afroamericanas.

Conferencia de María do Cebreiro na UB: "Alteridade e poesía. Reflexións sobre o desdobramento enunciativo"

Luns, 3 de novembro de 2008 ás 10 h

Edificio Josep Carner, Aula 3.6
Facultade de Filologia, Universitat de Barcelona
Carrer Aribau, 2 | 08007 Barcelona


Ligazóns

4,33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: