Gustavo Nieves, Tareixa Portela, Xavier Gómez Noya, Nerea Alamancos, Bruno García e Nazareth Tive foron os deportistas homenaxeados.
O encontro celebrouse o pasado martes día 28, e estivo presidido polo reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, e a vicerreitora María do Carme Cabeza. Ao acto foron convidados o atleta Gustavo Nieves, a padexeira Tareixa Portela, o trialteta Xavier Gómez Noya e os taekwondistas Nazareth Tilve, Bruno García e Nerea Alamancos. Os seis deportistas recibiron a insignia de prata da universidade.
Con esta xuntanza, a universidade viguesa pretende recoñecer o mérito das mozas e os mozos que conseguen compaxinar o estudo universitario coa práctica deportiva de alto nivel. Este é un eido no que a UVigo leva tempo traballando. O exemplo máis claro é o programa DUE, mediante o que cada deportista de alto nivel ten á súa disposición un titor que lle axuda en temas como a xestión dos horarios ou as prácticas.
Os deportistas coincidiron en resaltar o importante que resultan para eles este tipo de recoñecemento, xa que a maioría practica deportes que acostuman ter pouco seguimento por parte da sociedade.
O reitor, pola súa parte, chamou a atención dos deportistas á volta do papel que os estudos deben ter no seu futuro. Alberto Gago falou da importancia que estas titulacións terán dentro de uns anos, debido ao curta que acostuma ser a vida deportiva.
O deportistas Xavier Gómez Noya e Tareixa Portela non puideron acudir ao acto, e no seu lugar estiveron Francisco Xavier Gómez e Xacinto Cea, respectivamente.