Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FAUNA PROTEXIDA

Morre atropelado un oso pardo no Bierzo

O accidente produciuse a primeira hora da mañá do martes e foi provocado por un camión de gran tamaño na A-6.

Redacción - 16:30 28/10/2008

Un accidente na autovía A-6 o martes á mañá causou a morte dun oso pardo no contorno do porto de Pedrafita, segundo informaron fontes da Fundación Ouso Pardo. O atropelo produciuse á seis da mañá no municipio de Veiga de Valcarce, no Bierzo.Ao parecer, tratábase dun exemplar novo, que foi alcanzado por un camión de gran tamaño que apenas sufriu danos, mentres que o animal suponse que morreu no acto.Máis información no Canal Verde.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: