Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na parte fronteiriza co Irak

Siria denuncia un ataque estadounidense no seu territorio

Podería ter causado oito mortos, segundo informou a axencia oficial siria, a SANA.

Redacción - 22:30 26/10/2008
Mapa de Siria

Mapa de Siria

Segundo informou este domingo a axencia de noticias oficial de Siria, a SANA, oito civís morreron nun ataque perpetrado por catro helicópteros do exército estadounidense na parte fronteiriza co Irak. A televisión pública siria informou, polo seu lado, de que efectivos militares da terra asaltaron, ademais, un edificio durante a incursión.

Testemuñas presenciais sinalaron que o ataque produciuse na cidade de Mashahdé, a sete quilómetros da fronteira iraquí, e a dous de Bou Kamal."Os helicópteros atacaron un edificio civil en construción e dispararon contra os traballadores que se atopaban no seu interior, incluída a dona do garda do edificio, e mataron a oito civís", informou a SANA.

As autoridades sirias xa convocaron ao representante da diplomacia dos EUA e do Irak en Damasco para protestar pola incursión militar estadounidense. O viceministro da Asuntos Exteriores sirio trasladoulle, sempre segundo esta axencia, ao diplomático estadounidense no país "a protesta e condena de Siria por este grave ataque". Porén, un voceiro do Pentágono sinalou, dende Washington, non ter constancia até o momento, do acontecido.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: