O debuxante vén invitado pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. Tamén a directora de publicacións da Editorial Everest Galicia, Irene Penas.
Antonio Fraguas, Forges, é "a historia viva do humor gráfico español", polo que é este sábado a "estrela convidada" no V Encontro Galego da Ilustración, segundo contan dende a organización, a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración). O debuxante e humorista, de raíces galegas, abordará diferentes temas da súa labor na prensa e como ilustrador nunha charla á que titulou "Debuxo... Logo existo" na que, partindo da súa experiencia de moitos anos como profesional do sector, explicará a composición do seu particular universo e do seu estilo único.
Tamén está convidada ao encontro a directora de publicacións da Editorial Everest Galicia, Irene Penas, que falará, baseándose na súa experiencia, de cuestións relacionadas coa produción do libro infantil e xuvenil.
O V Encontro Galego da Ilustración, que xuntará a máis dun cento de ilustradores de todo o país, comeza ás 10:00 horas deste sábado na sede da Fundación Caixa Galicia (Rúa do Vilar, 19), en Compostela.