Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un vídeo da CNN probou as agresións

O goberno colombiano admite que a policía disparou contra os manifestantes indíxenas

Así e todo, Uribe, quen xa dixera que na marcha había "terroristas", non recoñece os asasinatos e bótalle a culpa ao propios manifestantes.

Redacción - 09:00 24/10/2008

"A policía si disparou, pero porque os estaban atacando con explosivos". Foi o máximo ao que chegou o presidente de Colombia, Álvaro Uribe, á hora de recoñecer fronte ás cámaras de televisión que lle mentira anteriormente ao país sobre o acontecido na manifestación indíxena de hai poucos días. Ademais, a rectificación, aínda que mínima, non aconteceu até que a CNN fixo públicas unhas imaxes nas que se con claridade como un membro uniformado das forzas de seguridade abre fogo contra os indíxenas.

Malia esa proba, Uribe xustifícase agora dicindo que recibiu información "errónea" e insistiu en rexeitar que malia eses disparos as mortes acontecidas durante a marcha se debesen a balas "oficiais". Así, segundo a explicación do presidente colombiano, as mortes producíronse pola manipulación de artefactos explosivos realizada polos propios manifestantes. De paso, prometeu fixar para os próximos días unha xuntanza cos líderes indíxenas.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: