Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
EN FONTECARMOA, ÁS 20.30 HORAS

O Extrugasa comeza este xoves a súa andaina europea

Disputará o primeiro encontro da FIBA Eurocup contra as sicilianas do Pallancanastro Ribera, que chegan a Arousa como quintas clasificadas da primeira liga italiana.

Redacción - 12:00 23/10/2008
Imaxe do último partido do Extrugasa en Europa, o ano pasado ante o Electra israelí.

Imaxe do último partido do Extrugasa en Europa, o ano pasado ante o Electra israelí.

O Extrugasa buscará na FIBA Eurocup a primeira vitoria do ano no seu feudo. As xogadoras de Isaac Fernández reciben ás sicilianas do Pallancanastro Ribera, a partir das 20.30 horas no pavillón municipal de Fontecarmoa. No grupo das arousás están tamén o Tarbes Gespe Bigorre francés, e o Olivais de Coimbra portugués.

O equipo que adestra Isaac Fernández chega á estrea europea despois de sufrir a súa segunda derrota na liga, o pasado sábado, ante o Ebe Ibiza. Malia os malos resultados na casa, Fernández afirmou que "é bo que a xente poida vernos xogar nestas competicións, e se pode ser gañando, mellor".

Para o adestrador do Extrugasa, o obxectivo na FIBA Eurocup é "competir ben e dar o máximo para chegar o máis adiante posíbel". Fernández ve ás xogadoras francesas como claras favoritas do grupo, mentres o seu equipo debería loitar coas xogadoras do Pallancanastro pola clasificación para a seguinte rolda.

O principal problema co que se atopa o equipo arousán é a inexperiencia, xa que Isaac Fernández adestra un colectivo que non chega aos 24 anos de idade media. Ademais, o grupo rexistrou multitude de mudanzas con respecto ao cadro que o ano pasado chegou até os oitavos de final, nesta mesma competición.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: