Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACÚSANO DE RECIBIR MÁIS DE 700 MIL EUROS

Condenan á forca un ex tenente alcalde de Beixín, por corrupto

Liu Zihua foi número dous do consistorio entre os anos 1999 e 2006. Xestionou a construción dos recintos nos que se celebraron os pasados Xogos Olímpicos.

Redacción - 09:00 23/10/2008
As obras dos recintos olímpicos foron unha importante fonte de lucro para Liu Zhihua

As obras dos recintos olímpicos foron unha importante fonte de lucro para Liu Zhihua

O Tribunal Popular Intermedio de Hengshui, vila próxima a Beixín, foi o encargado de emitir a sentenza que condena a morte a Liu Zhihua. Ao antigo tenente alcalde da capital chinesa acúsano de abusar do seu poder como responsábel de obras públicas, repartindo licenzas e concesións de forma interesada. Calcúlase que entre 1999 e 2006 Zhihua puido recibir máis de 700 mil euros, ademais de diversos regalos de gran valor. Entre as obras máis importantes que xestionou Zhihua están o parque tecnolóxico de Zhongguancun e, sobre todo, as instalacións nas que se celebraron os pasados Xogos Olímpicos.

A sentenza recolle a posibilidade de demorar a súa aplicación en dous anos. Este período pode xogar a favor do antigo edil, xa que a pena de morte podería ser conmutada por cadea perpetua se ten un bo comportamento durante a moratoria.

Controvertida vida privada
No ano 2006 deixou a administración local, e o pasado mes de xuño foi expulsado tamén do Partido Comunista chinés. O principal motivo foi a súa controvertida vida privada. Luxosos hábitos e frecuentes idilios sentimentais afastábano da filosofía imperante no seu partido.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: