Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Kirchner anuncia un proceso de nacionalización

Arxentina suprime o sistema privado de pensións

"Volve o Estado", defende a presidenta Cristina Fernández, quen denuncia ademais que a xubilación privada foi no país "unha política de saqueo".

Redacción - 08:00 22/10/2008

"Creo que é obvio o contexto nacional e internacional no que se adopta esta medida", explicaba a presidenta de Arxentina este martes, "hoxe no mundo, cando vemos que aparecen as perdas, volve a figura do Estado". Cristina Fernández de Kirchner falaba así das motivacións do proxecto de lei co que o Estado bota man dos fondos privados de xubilacións, indicando que se trata dunha iniciativa "necesaria" para facerlle fronte ao impacto negativo da crise financeira global sobre as pensións.

Na actualidade, até 9,5 millóns de traballadores arxentinos están acollidos ás chamadas Administradoras de Fondos de Xubilacións e Pensións (AFXP, que inviste os cartos dos cidadáns en accións e depósitos diversos. O goberno detectara nos últimos meses un elevado nivel de perdas acumuladas, agoirando un futuro colapso do sistema.

Deste xeito, os beneficiarios deste sistema privado pasarán ao público, que suma arredor de 4,5 millóns de afiliados. Segundo Fernández de Kirchner, con este paso "estratéxico e solidario" váiselle poñer fin a unha herdanza das "políticas de saqueo" que zouparon no país na década anterior.

Para ampliar:


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: