Hai xa máis dunha década que fala de que o futuro dos xornais impresos pasaba pola chegada do papel electrónico, porén, aínda non había ningunha experiencia concreta.
O xornal do futuro
Até o de agora. Porque no Reino Unido veñen de lograr desenvolver un "xornal electrónico" que chegará ao mercado o vindeiro ano, cun aspecto similar a un folio e un grosos duns poucos milímetros.
Aínda que a experiencia dos libros electrónicos ou eBooks que xa están á venda amosaron que un texto non é igual de cómodo de ler en papel que nunha pantalla, tamén é certo que feiras como a do Libro de Francfort deixaron claro que a súa importancia é cada vez maior.
O novo xornal eléctronico foi creado por científicos da Universidade de Cambridge e está a ser fabricado pola compañía alemana Plastic Logic. Componse dunha pantalla ultrafina, flexible ou non a vontade do fabricante, grazas á substitución dos chips de silicio por outros de plástico.
Plastic Logic comezará a comercializar este dispositivo en 2009, tentando asemellarse a unha folla A4 na que case todo é pantalla, de tal maneira que o lector teña a verdadeira sensación de estar a ler un xornal.
FWWWRANDO