Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EN COMPOSTELA, DO 20 AO 24 DE OUTUBRO

Curtocircuíto: un mercado de case tres mil filmes

Están inscritos 129 profesionais procedentes de 15 países.

Redacción - 09:49 21/10/2008

O Mercado Internacional de Curtametraxes é un espazo onde profesionais do sector da distribución audiovisual poden acceder ao catálogo de Curtocircuito, que este ano está composto por 2.648 curtametraxes de 93 países, e mercar os dereitos de emisión das curtas que lles interesen. Este ano hai inscritos 129 profesionais procedentes de 15 países. Uns datos que amosan a importancia do Festival para produtores e directores, xa que poden poñer directamente as curtas a disposición dos compradores.

O Mercado dsenvolverase do 20 ao 24 de outubro no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e na Fundación Caixa Galicia.
Curtocircuito continúa co seu programa de proxecións da Semana Oficial. O público asistente poderá votar para o Premio do Público, que se entregará na Gala de Clausura, que terá lugar o 24 de outubro no Teatro Principal, e na que se entregarán os outros oito premios do Festival.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: