Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS PARTIDOS VALORAN O PACTO ORZAMENTARIO

Os 125 millóns extra irán para o eixo atlántico ferroviario

PSOE e BNG destacan os beneficios que o acordo pode traer para o país, mentres que o PP mantén a súa crítica.

Redacción - 13:56 18/10/2008

Nunha comparecencia que tivo lugar este sábado, Francisco Jorquera (BNG) salientou o "exercicio de responsabilidade" do Bloque ao votar favorabelmente aos orzamentos do Estado, xa que "en momentos de crise é bo que todos arrimemos o ombro". "Sería malo que nun contexto de crise económica esta se vise acompañada dunha crise política que agudizase aínda máis os efectos da primeira, se houbese que prorrogar os orzamentos".

PSOE e BNG asumiron o compromiso de incrementar o orzamento territorializado en Galiza en cando menos 125 millóns de euros. O destino destas partidas, aínda por concretar, irá maiormente ás infraestruturas, e en concreto ao Eixo Atlántico ferroviario, para que se complete en todo o seu itinerario, incluíndo os tramos Ferrol-A Coruña e a saída sur de Vigo (tramo Vigo-fronteira portuguesa en Tui). Tamén se destinarán fondos ás políticas sociais, como a implantación da educación infantil de O a 3 anos.

O acordo BNG-PSOE estabelece a execución do traspaso de varias competencias pendentes de transferir e pon unha data límite para a súa execución: o 15 de decembro. Son as seguintes: titularidade de arquivos, bibliotecas e museos en mans do Estado; xestión de bolsas e axudas ao estudo; determinados bens da Seguridade Social; titularidade do castelo de Monterrei e das torres da Porqueira e Sandiás; a inspección de traballo e o saldo da débeda de superficie do Estado con Galiza.


4,2/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: