Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Participación da ultradereita

Protestas contra a "islamización de Europa" e o "abuso da liberdade relixiosa"

Unhas 200 persoas concéntranse en Berlín na inauguración da primeira mesquita que se constrúe no territorio da antiga Alemaña do Leste.

F. A. / Axencias - 12:10 17/10/2008
O templo está situado no distrito de Heinersdorf

O templo está situado no distrito de Heinersdorf

Arredor de 200 persoas, moitos de idade avanzada, manifestáronse esta quinta feira en Berlín coreando lemas contra a relixión musulmá, durante a inauguración da primeira mesquita que se constrúe en territorio da antiga Alemaña do Leste.

Un grupo de mozos coa cabeza rapada uniuse á protesta, pero o Partido Democrático Nacional (NPD, nas súa siglas en alemán), da ultradereita, deu por suspendida a concentración, onde se podían ver pancartas cos lemas Alto á islamización de Europa ou Alto ao abuso da liberdade relixiosa.

A mesquita pertence ao movemento Ahmadiyya, unha corrente reformista dentro do Islam fundada na India no século XIX e distanciada dos grupos fundamentalistas, que ten por lema Amor para todos, odio para ninguén. Porén, os veciños da zona considérana unha "seita racista" que permite "bater nas mulleres" e que "non respecta a igualdade de dereitos" para todos.
En Alemaña viven arredor de 3,2 millóns de musulmáns, a maioría na parte occidental do país. Poucos residen na parte oriental; dende a unificación alemá, a capacidade adquisitiva dos seus habitantes segue a ser menor e os ataques de tipo racista multiplícanse cada ano.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: