Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Posíbel retirada das tropas en 2011

Os EUA dan agora un prazo de tres anos para deixar Iraq

As garantías de inmunidade total para tropas e mercenarios estadounidenses no país, un dos eixos da negociación co goberno iraquí.

Redacción - 09:30 17/10/2008

Independentemente do que o próximo cambio de goberno nos Estados Unidos poida afectarlle á estratexia en Iraq, desde o contorno do actual executivo Bush fíxose público esta semana a existencia dun principio de acordo co goberno iraquí para a retirada dos militares entre 2009 e 2011.

O secretario de Defensa dos EUA, Robert Gates, debullou algúns detalles fronte aos congresistas do seu país, apuntando que a retirada formal do groso das tropas produciríase a finais de 2011. Segundo recoñeceu Gates, un dos principais atrancos na negociación serían as diverxencias sobre o grao de inmunidade que ante a xustiza iraquí se lle concedería aos soldados e aos militares subcontratados dos EUA. En principio, os iraquís estarían dispostos a conceder inmunidade para os actos realizados durante as operacións estritamente militares, mentres que o goberno Bush pretende inmunidade total.

Para ampliar:


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: