Datos provisionais danlles aos conservadores até 15 escanos máis, pero aínda por baixo da maioría absoluta. O Bloc Québécois consegue un lixeiro aumento.
A crise económica centrara o debate da campaña electoral nos días previos á cita cos comicios xerais no Canadá. Finalmente, o contexto económico non lle restou apoios ao Partido Conservador, que segundo os datos provisionais achegados polos media do país tería incrementado o seu apoio nun par de puntos, chegando ao 38% do total, incrementando até 144 os 127 deputados obtidos na anterior votación.
Así e todo, os conservadores seguirán en minoría nun Parlamento de 308 escanos. Fronte a eles, o Partido Liberal, hexemónico no Canadá durante moito tempo, ve recortada aínda máis a súa posición, caendo a 74 representantes desde os 95 cos que partía. En ascenso estarían o Bloc Québécois, chegando a 50 escanos, e a agrupación de esquerda Novos Demócratas, con 38.
Máis na prensa canadense: