Nunha distante matriz de gas foi onde un equipo de astrónomos da Universidade escocesa de Saint Andrews atoparon o planeta máis novo que o home ten visto e de cuxa observación se agarda obter datos importantes sobre a formación dos planetas.
Recreación do protoplaneta
Os científicos da Universidade de Saint Andrews sorprendéronse ao dar con este planeta que non ten máis duns centos de anos de idade, sobre todo pensando en que o seguinte planeta máis novo atopado ten 10 millóns de anos.
Este protoplaneta, bautizado como HL Tau b, foi atopado a uns 520 anos luz da costelación de Tauro. E é que, a HL Tau, a súa estrela nai, é tamén moi nova, xa que se cre que ten menos de 100.000 anos, moi pouco se a comparamos co Sol, que leva brilando máis de 4.500 millóns de anos.
O HL Tau b é, polo de agora, unha bola definidade de gas e po que xira, posto que para que adquira a súa forma final terán que pasar aínda millóns de anos. É por isto que os científicos poderán observar dende case o comezo a formación dos planetas.
FWWWRANDO