Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Inédita reforma agraria

China experimentará co seu propio modelo "privatizador" para as terras

O comité central do Partido Comunista aprobou esta fin de semana o proxecto que permitirá o aluguer, venda e hipoteca do dereito de fincas.

Redacción - 09:00 13/10/2008

Os arredor de 800 millóns de labregos do campo chinés verán así como se abre unha fenda na estrita lexislación que até o momento evitaba a propiedade privada da terra. No mes no que se cumpren trinta anos das reformas económicas que iniciaron un punto de inflexión na evolución chinesa no contexto mundial, o goberno autorizará así un novo e significativo chanzo no que respecta ao dereito de uso da terra.

As iniciativas aprobadas agora permítenlle aos labregos unha inédita marxe de manobra sobre as terras nas que tiñan outorgado dereito de uso. Poderán traspasalas a empresas e sociedades diversas e mesmo alugalas, abrindo un mercado que o goberno chinés agarda que aumente a produtividade das explotacións, evitando a súa fragmentación. O fin último sería o aumento do nivel de vida das zonas agrarias, onde os ingresos chegan a ser por término medio até catro veces máis baixos que no contorno urbano.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: