Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CATOIRA É ESTA FIN DE SEMANA A CAPITAL DO PIRAGÜISMO

"A universidade de Vigo é a única que apoia o piragüismo"

Manuel Isorna preside o comité organizador do II Congreso Internacional de Adestradores de Piragüismo en Augas Tranquilas, que comeza este venres en Catoira.

Redacción - 11:00 11/10/2008
Cartaz do congreso

Cartaz do congreso

Entre os días 10 e 12 de Outubro celébrase en Catoira o II Congreso Internacional de Adestradores de Piragüismo en Augas Tranquilas. Galegos e portugueses serán maioría entre as 68 persoas inscritas para asistir ás charlas, que se desenvolven no salón de plenos da vila. Segundo o presidente do comité organizador, Manuel Isorna, "o obxectivo fundamental do congreso é a análise técnica e táctica dos equipos e padexeiros que competiron en Beixín". O director xeral do Comité Olímpico Español ou os adestradores dos equipos olímpicos inglés e francés son algúns dos relatores máis destacados.

Formación e reciclaxe dos adestradores

Isorna resaltou a "estrutura que está detrás das tres medallas que Galiza trouxo de Beixín". No aspecto técnico falou da importancia que ten "a continua formación e reciclaxe dos técnicos" para poder innovar e mellorar no seu traballo.

Importancia do estudo do deporte
Manuel Isorna falou tamén da importancia que ten o estudo e a análise da práctica do deporte, para acadar mellores resultados e optimizar os recursos. Este é outro dos temas que se tratarán durante a fin de semana.

Australia é para o presidente do comité organizador o exemplo a seguir nesta liña, xa que "alí cada universidade ten asignado un deporte e traballa a fondo na investigación da súa práctica". Isorna lamentouse de que en Galiza "só a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, da Universidade de Vigo traballe no estudo do piragüismo". De feito a Universidade de Vigo organiza este evento de forma conxunta co Clube As Torres, que dirixe o propio Manuel Isorna.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: