Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ex-presidente de Finlandia

Nobel da Paz a Martti Ahtisaari polo esforzo a prol da resolución de conflitos

O xurado do premio recoñece o traballo diplomático do finlandés, quen fora enviado especial da ONU para os Balcáns.

Redacción - 12:00 10/10/2008

A contribución para "a existencia dun mundo máis pacífico e a fraternidade entre as nacións", e os esforzos feitos en diferentes continentes para a resolución de conflitos internacionais, están entre os argumentos expostos este venres polo xurado para explicar o Premio Nobel da Paz 2008 a Martti Ahtisaari. O ex presidente finlandés recibe así un recoñecemento para o que o seu nome xa soara en anos anteriores.



Entre os últimos traballos diplomáticos que protagonizou está o seu labor como enviado especial das Nacións Unidas nos Balcáns. Neste contexto foi o encargado de deseñar o plan de paz para a zona, incluída a recomendación da independencia, internacionalmente supervisada, de Cosova. Con todo, o galardón que recibe agora Ahtisaari fai mención tamén ás tarefas nas que, no ámbito da mediación internacional, o ex mandatario finlandés leva implicado arredor de tres décadas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: