Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
GEODE

Firefox estrea un sistema de xeolocalización

O Geode é o sistema de xeolocalización que Mozilla agarda poder incorporar na súa versión 3.1. e que permite localizar determinados puntos de interese próximos á situación física do usuario.

Redacción - 13:39 09/10/2008
Geode

Geode

Polo momento está na súa fase experimental e pode ser usado, por exemplo, para atopar restaurantes. Porén Mike Shaver, encargado do proxecto, cre que a aplicación se pode desenvolver moito máis e aportar aos usuarios unha grande cantidade de información adicional, de tal xeito que poidan ter en todo momento o control da información que desexan dar sobre a súa propia localización.

Na posta en marcha de Geode interveu tamén a empresa Skyhook, especializada en situar un ordenador grazas ás redes inalámbricas que hai preto del.

Este sistema de xeolocalización pode determinar a situación do ordenador en cuestión duns poucos segundos e cunha precisión entre os 10 e os 20 metros.

Pero Mozilla ten agora mesmo outra liña de traballo máis importante e que dotará de seguridade ao proxecto de Geode: a protección da intimidade do usuario.

E é que Geode é controlado polo usuario, quen, mediante unha barra de notificación, decide introducir o seu paradoiro exacto cando un sitio web llo require.

Se tódalas probas son positivas, Mozilla calcula que poderá introducir as ferramentas de xeolocalización de Geode na versión 3.1. de Firefox.

FWWWRANDO


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: