Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate do Estado da Nación

Leiceaga propón aproveitar para a viraxe de modelo económico

O deputado socialista opina que a crise será unha oportunidade para un cambio profundo máis aló de medidas a curto prazo.

Redacción - 19:30 08/10/2008

O vicevoceiro do grupo parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, defendeu este mércores a importancia das iniciativas referidas a cuestións económicas acordadas polo seu partido xunto co BNG. De xeito específico destacou por exemplo as propostas sobre a activación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral e a seguridade dos traballadores do mar, cuestións que considerou importante atender para garantir que non se frean as medidas iniciadas pola Xunta ao respecto.

Fernández Leiceaga tamén subliñou que diante da actual situación é necesario algo máis ca simples parches que afrouxen as dificultades a curto prazo. Na súa opinión, a crise debera ser unha oportunidade para un cambio que "acelere a chegada dun novo modelo económico". Un cambio que entre outras cousas, e segundo Leiceaga, debe significar unha maior aposta das pequenas e medianas empresas pola internacionalización e a innovación.

O deputado socialista tamén destacou as medidas anunciadas durante a xornada anterior polo presidente e vicepresidente da Xunta, destacando que se centren na atención a traballadores e empresas en dificultades. Analizou ademais Leiceaga que se trata de iniciativas que contribuirán a que aínda no escenario actual Galiza "non renuncie ao empeño da converxencia". Ao fío, dixo confiar en que Galiza continuará medrando máis que a media estatal e salientou o "clima de confianza creado por este Goberno".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: