Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Nova lei a aprobar esta semana

A UE axustará lexislacións para estimular o comercio en liña

As garantías de seguridade para os consumidores son eixo básico da reforma que pretende aumentar a porcentaxe de europeos que confían no comercio electrónico.

Redacción - 12:00 08/10/2008

O estabelecemento dun período de proba de 14 días para os produtos, a garantía de que se entregarán nun prazo máximo de trinta días, a prohibición de fixar cláusulas polas cales se envíen produtos diferentes dos anunciados ou a obriga de que os vendedores a ofrecer ampla información sobre o produto antes da venda. Son algúns dos detalles que introduce a nova lexislación que esta semana presenta a Comisión Europea.

A UE promove a iniciativa na convicción de que é posíbel darlle un empurrón ao comercio electrónico. Na actualidade, 150 millóns de europeos din ter mercado algunha vez a través de internet, a maioría dentro do seu propio Estado. A UE considera que coa uniformización da lexislación haberá ademais oportunidades para que aumente a porcentaxe dos que mercan en tendas electrónicas doutros países. Tamén destacan que a curto prazo podería derivar nun descenso de prezos para o consumidor.

Até o de agora, o escenario legal está marcado polas normas diversas en cada país membro e fragmentado en varias directivas europeas relacionadas cos dereitos do consumidor. O executivo europeo calcula que en cinco anos o volume de negocio xerado polo e-comercio podería incrementarse nun 230%.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: