Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CIENCIA

Tres investigadores xaponeses gañan o Nobel de Física

A Academia das Ciencias sueca premiou os seus estudos relacionados coa ruptura da simetría a nivel subatómico.

Redacción / EP - 17:00 07/10/2008

A Real Academia Sueca das Ciencias concedeulle este martes o Premio Nobel de Física 2008 a tres xaponeses: o nacionalizado estadounidense Yoichiro Nambu, polo descubrimento do mecanismo de ruptura espontánea de simetría na física de partículas, e a Makoto Kobayashi e Toshihide Maskawa, polo descubrimento da orixe da ruptura de simetría que predí a existencia de cando menos tres familias de quarks na natureza.

Yoichiro Nambu naceu en 1921 en Toquio e actualmente é emérito no instituto Enrico Fermi da Universidade de Chicago. A el correspóndelle a metade do premio de 10 millóns de coroas suecas. A outra metade repartirana Makoto Kobayashi, nado en 1944 en Nagoya (Xapón), e emérito da Organización de Investigación de Aceleradores de Alta Enerxía de Tsukuba, e Toshihide Maskawa, nado en 1940 e emérito no Instituo de Física Teórica da Universidade de Quioto.

A academia xustifica o premio polo feito de que os tres galardoados demostran que as desviacións da simetría a nivel microscópico explican que o mundo tampouco se comporte de xeito simétrico.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: