Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
WINDOWS ON EARTH

As vistas da Estación Espacial, dende o computador

Unha aplicación web permite facer un seguimento da ISS e contemplar en tempo real o que se ve dende as súas fiestras.

Redacción - 12:30 07/10/2008

Para quen non teña tantos cartos como os multimillonarios que foron de vacacións á Estación Espacial Internacional (ISS), xa é posíbel admirar as vistas que se contemplan dende aló, aínda que sexa mediante unha simulación. Windows on Earth ofrece, en tempo real, o lugar do planeta sobre o que se atopan as instalacións, situadas a 360 quilómetros de altura, e un destaque dos principais puntos que se poden ver polas súas xanelas.

A aplicación funciona directamente dende o navegador e divídese en dúas vistas: unha superior, que amosa o que se pode ver nese momento dende a estación, coa posibilidade de aumentar ou diminuír o zoom e alternar entre dous puntos de vista distintos, e outra inferior co lugar sobre o que se atopa a ISS. Ademais, unha conta atrás indica o tempo que falta para pasar por riba dunha área de interese.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: