A escritora galega impartirá tres conferencias cadrando coa presenza galega na 26 edición do Liber 2008, a Feira Internacional do Libro de Barcelona, na participan 25 editoriais galegas.
Con ocasión da apertura en Barcelona da 26 edición da feira Liber, organízanse unha serie de conferencias da escritora, tradutora e documentalista, Anxos Sumai (Catoira, 1960). Autora de obras como Anxos da garda (2003) que mereceu o premio da crítica como mellor obra do año, Melodía dos días usados (2005), Asi nacen as baleas (2007) ou Perigosamente normais (2008), Sumai foi galardoada co premio "Blanco Torres de periodismo" (2007), "Repsol de novela curta" (2007) así como os premios "Max ao mellor autor teatral" (2007) e o "Arcebispo Juan San Clemente" para novelas publicadas en galego. A súa actividade desenvólvese na rede dende o ano 2001 no portal culturagalega.org.
As conferencias están organizadas por Filoloxías Galega e Portuguesa da Universitat de Barcelona e polo Lectorado de Galego da Universitat Autotònoma de Barcelona, xunto coa a Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. A Consellaría organiza tamén a presenza de 25 editoriais galegas no Liber 2008, a Feira Internacional do Libro que hogano se celebra en Barcelona do 8 ao 10 de outubro.
CONFERENCIAS ANXOS SUMAI EN CATALUNYA
Martes, 7 de outubro: Universitat de Barcelona. Facultade de Filoloxía. Carrer Aribau 2. 10:00 horas. Presenta o acto: Helena González. Anxos Sumai leva á aula unha ponencia que baixo o titulo "Dentro do acuario" repasa a creación na rede dende o ano 2000 ata a actualidade.
Mércores, 8 de outubro: Universitat Autónoma de Barcelona. Facultat de Lletres (Bellaterra, Cerdanyola del Vallés). 15:30 horas. Aula 113. Presentan o acto: Paulo Filgueiras e Sonia Varela. Anxos Sumai lerá unha ponencia que co título de "A onde van as palabras… cando desaparecen das pantallas" que lle serve de arrinque a unha análise sobre creación e Internet.
Venres, 10 de outubro. Ateneu Barcelonés (Canuda, 6). Sala Pompeu Fabra. 20:00 horas. Presenta o acto: Manuel Serrat Crespo, tradutor e escritor. A escritora Anxos Sumai abrirá nesta ocasión unha charla que, baixo o título de "Notas para unha melodía das baleas", fará radiografía da súa propia proposta creativa desde o "acuario Internet".