Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
1 DE NOVEMBRO EN CHANTADA

Vaia Castañazo: The Real McKenzies!

A banda de Vancouver encabeza o cartaz da edición 2008 do Castañazo Rock. Ademais, Skarnio, Skacha, Skama la Rede e Xerock.

Redacción - 13:00 06/10/2008

Haberá pelexas por mirar baixo as saias escocesas dos Real McKenzies, que incluirán Chantada na súa xira ao redor do planeta, encabezando o cartaz da sexta edición do Castañazo Rock 2008. O seu particular punk, mesturado con gaitas e ritmos tradicionais porá a bailar todo o recinto gandeiro de Chantada o 1 de novembro. A banda de Paul Mckenzie vén de publicar o seu sétimo disco, Off The Leash.

Ska, ska, ska... O resto do cartel ten como protagonistas aos vigueses Skárnio e Skacha e os asturianos Skama la Rede. E máis sorpresas: en Chantada estarán tamén XERock, banda de rock and roll integrada por usuarios e traballadores do Centro de atención a discapacitados intelectuis San Xerome da Guarda.

Pero non só haberá música en Chantada. O Castañazo organiza tamén catro obradoiros de rock: baixo, guitarra, batería e produción musical. Estas aulas están limitadas a quince alumnos cada un, e contarán con catro mestres de luxo: Alberto Cereijo (Los Suaves) na guitarra, Javier Abreu na produción musical, Pedro Feijoo (Lamatumbá) no baixo e Fran Amil (Tres Trebons) na batería.

Así mesmo, organizarase un campionato de xogos bravús, nos que poderán competir dez equipos de catro integrantes cada un. As catro probas destas olimpiadas son Lanzamento de boina, Turra-soga, Corrida de leiteiras e Chote de esterco.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os Real McKenzies, en concerto

Unha entrada do Castañazo Rock de 1995
Unha entrada do Castañazo Rock de 1995
Imaxe do Castañazo 2007
Imaxe do Castañazo 2007