Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A porta da transición

Vinte anos do "non" a Pinochet

Chile celebra o aniversario do plebiscito de 1988, que marcou a fin do réxime militar, estabelecendo a convocatoria de eleccións democráticas para o ano seguinte.

Redacción - 09:00 06/10/2008

"Hai vinte anos, Chile elixiu o camiño correcto e cambiou para ben", afirmou a actual presidenta de Chile, Michelle Bachelet, durante os actos organizados pola coalición de partidos que a apoia para a celebración do 20º aniversario do triunfo do "Non". A presidenta explicou que a vitoria do Non "perténcelle a todo o pobo chileno" e indicou que ese triunfo inaugurou unha etapa "de respecto e tolerancia, un período no que os chilenos nos empeñamos en curar as feridas e consolidar a paz". "É por isto que é unha celebración non de pasado, senón unha celebración de futuro", engadiu.

Bachelet aproveitou para lanzar consignas cara ás próximas eleccións municipais en Chile, prognosticando unha ampla vitoria da coalición de centro-esquerda, a Concertación de Partidos pola Democracia. "Non é o mesmo ser pais da democracia que fillos da ditadura", afirmou, "sigo pensando que non é o mesmo ter chorado porque Pinochet marchaba que ter chorado porque a democracia volvía".

Por outro lado, Enrique Correa, ex ministro secretario xeral do goberno de Patricio Alwyn, revelou que despois da derrota sufrida aquel día polo goberno militar, houbo quen propuxo un autogolpe para evitar o proceso democrático. Ademais, asegurou que o ditador Augusto Pinochet estaba convencido aquel día, cando menos até media tarde, de que ía gañar o plebiscito.

Na prensa chilena:


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: