Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

O Xacobeo pecha a tempada na Volta a Chihuahua

Xa o dicía Mosquera, "imos comer picante". Dende esta segunda feira até o domingo os ciclistas do equipo galego pedalearán da outra beira do Atlántico.

Redacción - 10:58 03/10/2008
Mosquera dirixirá o equipo en México

Mosquera dirixirá o equipo en México

O Xacobeo Galicia cruzará o Atlántico para pechar a tempada no continente americano. O equipo ciclista galego viaxa a México para disputar a Volta a Chihuahua, encabezado por Ezequiel Mosquera, a quen acompañarán David Herrero, Carlos Castaño, David Abal, Juan F. Mourón, Delio Fernández e Alberto Fernández.

Correndo en alto
A proba disputarase en sete etapas, do 6 ao 12 de outubro de 2008, sobre un percorrido total de 874,7 quilómetros. Das sete etapas, seis son en liña e a que resta é unha contrarreloxo individual. Alén disto, todas as etapas dispútanse por enriba dos 1.200 metros de altitude, unha característica particular do terreo no Estado máis extenso de México, fronteirizo cos EUA.

O Xacobeo Galicia terá como adversarios nesta proba a outros 16 equipos: nove do continente americano, un xaponés e sete europeos: Lagos-Benfica, Canel's Turbo, CODE Jalisco, Contentpolis Murcia, Elk-Haus-Simplon, Empacadora San Marcos, Fercase-Rota dous Móveis, Garmin-Chipotle, Meitan Hompo-GDR, NGC Medical-OTC Industria Porte, Scott-American Beef, Orven Seek.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: