O portal Terra utilizou as suxestións que os propios usuarios lle fixeron nos seus comentarios para crear unha nova páxina de inicio que, polo momento, convivirá coa tradicional.
Aspecto que presenta a nova páxina de inicio
E é que dende o portal de Telefónica queren que os internautas se vaian acostumando aos poucos á nova presentación dos contidos.
Porén, os cambios no portal non quedan só no redeseño, xa que dende a empresa están a abrir un proceso de cambio que ten como obxectivo unha aposta directa pola dinamización dos contidos.
Deste xeito, Terra pretende ir incorporando servizos que permitan unha maior interacción co usuario e unha gran personalización do portal de acordo cos intereses de cada internauta.
A nova páxina de inicio de Terra aparece estructurada en dúas columnas, unha central de maior tamaño cos contidos de actualidade e entretemento e outra lateral cos servizos que o usuario poderá personalizar con, por exemplo, enlaces a distintos medios de comunicación.
FWWWRANDO