Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CAMPAÑA NA REDE

Unha concursante que cantou en galego na televisión francesa, nova musa de Sei o que...

A plataforma cidadá pediulle ao Parlamento e ao programa de Superpiñeiro que recoñezan o labor de Ana Palomo.

Redacción - 18:15 02/10/2008
Ana Palomo

Ana Palomo

A plataforma cidadá Sei o que nos figestes... nos últimos 525 anos volve á carga. O seu blog actualízase para facer un seguimento dos famosos do país. Desta volta, lémbrase a figura de Eva Freire, a xa ex-concursante do reality show Gran Hermano, natural de Vimianzo e que contestou cun orgulloso "Grazas" cando lle dixeron que case non tiña acento galego.

Ao contrario, Sei o que... reivindica a figura de Ana Palomo, filla de emigrantes en Bruxelas que participou no concurso da canle privada francesa TF1 Star Academy 8 cantando en galego. Así, iniciou unha campaña de petición de apoios ao Parlamento, para que aprobe unha moción de apoio a Ana, e mais a Xosé Manuel Piñeiro, para que faga un seguimento diario da súa traxectoria no concurso.

Outra das actualizacións é un vídeo de Paquirrín convidando a asistir á Festa Española que se desenvolverá o 11 de outubro no centro social a Gentalha do Pichel, en Compostela. Por último, engadiuse esta quinta feira un fondo de escritorio alusivo á Doma e Castración do reino de Galiza inspirado na campaña publicitaria dunha coñecida marca de moda.


4,55/5 (20 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: