Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
KDE E GNOME

Os principais escritorios de Linux están en galego ao 99%

O traballo dos equipos de voluntarios conseguiu que a nosa lingua sexa a terceira en porcentaxe de localización, no caso do KDE 4.2.

Redacción - 17:45 04/10/2008

A tradución de software ao galego segue a avanzar. Os dous principais contornos de escritorio que emprega o sistema operativo GNU/Linux, KDE e Gnome, xa están traducidos ao 99% á nosa lingua.

A última versión de Gnome, a 2.24, que acaba de saír, xa está traducida practicamente na súa totalidade ao idioma galego. O novo escritorio inclúe novidades como integración con servizos de microblog, un novo cliente de mensaxaría instantánea e a integración de TDT.

Por outra banda, a próxima versión do outro escritorio maioritario nos sistemas GNU/Linux, KDE 4.2, xa está traducida ao galego no 99%. De feito, a nosa lingua é a terceira no posto da lista de equipos de localización. Na anterior versión, a 4.1, o galego ocupaba o décimo posto. O avance foi posíbel grazas ao esforzo da comunidade de tradución. Está previsto que KDE 4.2 saia para xaneiro.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: