Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presupostos Xerais do Estado

O goberno español destina a Galiza 25 millóns de euros menos ca o ano pasado

O BNG lembra que froito das súas negociacións se reservaron neste exercicio 2.042 millóns de euros, en contraste cos 2.020 millóns previstos para 2009.

Redacción - 18:45 30/09/2008
O BNG buscará "mellorar de xeito substancial" os orzamentos nas negociacións co PSOE

O BNG buscará "mellorar de xeito substancial" os orzamentos nas negociacións co PSOE

O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, advertiu que o seu grupo non considera "satisfactorias" as partidas destinadas polo Estado ao noso país, no proxecto de Presupostos Xerais do Estado (PXE) para 2009.

Jorquera criticou que a cifra global consignada, de 2.020 millóns de euros, "está por baixo do total das contas do presente ano", xa que, tal e como recordou, froito da negociación do BNG, reserváronse neste exercicio 2.042 millóns para Galiza.

Anunciou, neste senso, que os nacionalistas aplicarán a súa capacidade de diálogo "para mellorar de xeito substancial" as partidas durante a súa tramitación, antes de que proxecto sexa aprobado polo parlamento español.

Cómpre lembrar que o grupo parlamentario que sustenta o goberno, o PSOE, non conta coa maioría necesaria para sacar adiante os orzamentos polo que deberá negociar con outros grupos. Logo das declaracións realizadas nos últimos días, todo indica que PNV e BNG son a opción preferente dos socialistas españois.

"A nosa disposición ao diálogo é reiterada mais temos unha condición: que sexan uns orzamentos xustos para Galiza", apuntou Francisco Jorquera este martes, e engadiu que "a día de hoxe" a posición do BNG está "moi afastada" respecto destes orzamentos.

"Responsabilidade", mais con "máis compromiso"
No entanto, sinalou que "o BNG é consciente de que nun contexto de crise económica hai que ser responsábel e non se pode pretender solucionar a un tempo todas as carencias que Galiza ten en infraestruturas". "Pero aínda así necesitamos máis compromiso inversor", dixo.

Por último, o portavoz nacionalista admitiu que nos tramos do TAV que conecta coa Meseta "o orzamento correspóndese en liñas xerais coa capacidade de absorción real", mais criticou que "non sucede o mesmo co Eixo Atlántico que, para Galiza, é tan importante ou máis" que o primeiro.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: