Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fusilado polo franquismo

Alemaña pide perdón pola deportación de Companys; Francia, non

O vicepresidente do goberno de Cataluña, Josep-Lluís Carod Rovira, solicita que o Estado Español anule o xuízo de 1940.

Redacción - 14:10 30/09/2008
Os cónsules de ambos os dous países, á esquerda de Carod Rovira

Os cónsules de ambos os dous países, á esquerda de Carod Rovira

Tal e como avanzabamos este luns, a Comissió de la Dignitat e a Generalitat de Cataluña organizaron este luns un acto de desagravio a Lluís Companys, detido no exilio francés pola Gestapo e executado en Barcelona o 15 de outubro de 1940 polo franquismo.

Participaron os cónsules de Alemaña e Francia, Christine Gläser e Pascal Brice, respectivamente, que estaba previsto pediran desculpas pola deportación do dirixente catalán. Non foi tal, finalmente. Aínda que o acto se presentara como xesto de perdón, o representante do goberno francés dixo que non era o día para "buscar responsabilidades", senón "para homenaxear a Lluís Companys".

Para Brice, a deportación de Companys, aínda que se produciu dende territorio francés, foi unha decisión alemá. En calquera caso, "son os historiadores os que deben dirimir responsabilidades", dixo. Pola contra, a cónsul de Alemaña si que pediu perdón claramente e recordou que o ex chanceler Helmut Khol xa se desculpara ante Jordi Pujol pola actuación da Gestapo.

Anulación do proceso
Por outra banda, segundo informan os medios cataláns, no acto tamén participou o vicepresidente da Generalitat, Josep-Lluís Carod Rovira, que dixo que "o que falta agora é que fale a España democrática e que se anule o proceso a Companys".

Neste senso, o goberno catalán iniciará un proceso para solicitarlle ao español a reparación e a dignificación de Companys, como paso previo para pedir a nulidade do xuízo que o condenou, segundo anunciou este domingo o conselleiro do Interior, Joan Saura.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: