Un informe elaborado pola Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos para o Departamento de Defensa do país amosa os usos que pode ter a neurociencia cognitiva no campo militar.
As innovacións do exército pasan polo cerebro
Manexar máquinas de ataque coa mente, usar fármacos para debilitar ao inimigo ou facer imposible que os prisioneiros mintan nos interrogatorios son algunhas das aplicacións que segundo a Academia Nacional de Ciencias podería ter a neurociencia cognitiva aplicada á batalla militar.
O estudo céntrase, fundamentalmente, nos ámbitos que maior implicación militar poderían ter, isto é, o interfaz cerebro-máquinas, os fármacos cerebrais e a neuroimaxe funcional.
A base do interfaz cerebro-máquina é a captura das emisións de enerxía do cerebro con dispositivos tecnolóxicos. Así, por exemplo, colocando electrodos sobre o cerebro, cun pouco de adestramento, un soldado podería realizar tarefas sinxelas só con pensalo.
Pola súa parte, os neurofármacos aplicados aos usos militares poderían mellorar as capacidades de combate dos soldados e debilitar aos inimigos.
Por último, coa neuroimaxe funcional aparece un maior escepticismo na investigación. E é que, malia existiren unha decena de formas de tomar imaxes do cerebro e os seus cambios físicos, os científicos dubidan que se poidan inferir pensamentos da lectura dun escáner.
Iso si, o estudo tamén afronta as posibles problemáticas éticas que poderían xurdir. Comparan o uso militar da neurociencia co das armas químicas e nucleares, e afirman que a medida que se vaia popularizando pódese desenvolver unha conciencia social de rexeitamento destes métodos.
FWWWRANDO