Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MAPA SEMÁNTICO

Os ordenadores amplían a súa intelixencia e agora entenden o significado das palabras

A difusión dun "mapa semántico" que ensina aos ordenadores o significado das palabras permítelles manexar un vocabulario dez veces máis amplo que o dun estudante medio.

Redacción - 13:14 23/09/2008
Os ordenadores seguen a aprender

Os ordenadores seguen a aprender

Cognition Technologies elaborou un software que ensina virtualmente aos ordenadores o significado de palabras e frases en inglés. Trátase da denominadas Web 3.0, ou web semántica.

Con estes programas os ordenadores poden "comprender" as palabras segundo o contexto da frase, de igual xeito que o fai un cerebro humano.

Aplicada ás buscas en internet, a tecnoloxía semántica permitirá guiar ao usuario cara o obxecto da súa busca, no canto de contentarse con unir palabras clave. Un exemplo: se buscamos semanticamente "cancións melancólicas con paxaros" esta tecnoloxía sabería unir a tristeza da música con varias especies de paxaros.

Na actualidade, o mapa semántico de Cognition Technologies é utilizado nun programa de "e-discovery" LexisNexis Concordance que serve para peneirar os documentos reunidos nas fases de evidencia dos xuízos.

E é que un dos obxectivos da web 3.0 é crear axentes de intelixencia artificial que seleccionen moreas de informacións de internet para atopar o material que responda ás necesidades de cada usuario.

FWWWRANDO


3,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: