Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Hóckey

O Liceo debuta con goleada no Mundial de Clubes

Os coruñeses despediron, cun contundente 7-1, os alemáns do Iserlohn. Era a primeira xornada nesta competición.

Redacción - 11:31 23/09/2008
Pablo Álvarez, do Liceo, marcou dous goles

Pablo Álvarez, do Liceo, marcou dous goles

O Coinasa Liceo comezou a súa participación no II Mundial de Clubes de Hóckey, que se desenvolve en Reus, cunha importante vitoria fronte o Iserlohn alemán, ao que gañou por 7-1.

Era o primeiro partido do seu grupo, e aínda que os coruñeses ían cansos debido aos encontros que disputaron estes días, os seus rivais non estiveron á altura. Porén, o Liceo vai ter que xogar aínda dous partidos máis no Mundial antes de se enfrontar ao Shum Maçanet na segunda xornada da OK Liga. Un encontro este máis importante para o equipo herculino do que a proba internacional.

O seguinte partido do Mundial para o Liceo xogarase esta terza feira, ás 15:30 horas fronte ao favorito do grupo A, o Concepción, que vén de gañarlle ao Recife por 12-1.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: