O científico David Skilicom vén de crear un software informático capaz de detectar as falsidades e manipulacións dos discursos dos políticos.
Obama e McCain xa pasaron polo programa
O produto permite analizar a tendencia que teñen os políticos a presentaren unha imaxe de si mesmos que lles convén para "seducir" aos votantes, pero que non reflicte o que realmente pensan.
O programa xa se usou para estudar os discursos dos candidatos á Casa Branca. Así, de Barack Obama di que é o que recorre con maior frecuencia á linguaxe manipuladora, mentres que a John McCain defíneo como alguén que se asemella moito a unha persoa clinicamente deprimida.
Este software funciona detectando o que o investigador denomina "verbal spin", que segundo a súa propia definición se refire a un discurso no que as expresións dun líder non reflicten o que el sabe que é de verdade".
Para detectar estas potenciais manipulacións, o software rastrea os discursos para achar o que considera indicadores de "spin", por exemplo, o recurso a xeneralidades vagas, o uso da primeira persoa de plural no canto de singular ou a invocación a palabras de alto contido emocional.
O uso deste tipo de aparatos é cada vez maior na nosa sociedade, de maneira que, por exemplo, na India unha muller foi condenada a prisión despois de que un detector de mentiras sinalase que mentía sobre a súa inocencia e nos Estados Unidos xa hai dúas empresas que se dedican á comercialización deste tipo de produtos.
FWWWRANDO