Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
REMATA CUARTO A 'VUELTA'

Mosquera ficou a unha pedalada do podio

Mellora o quinto posto obtido o pasado ano, nunha rolda que gañou Contador a pesar da boa actuación de Leipheimer na cronoescalada deste sábado.

Redacción - 18:16 21/09/2008

Non subirá ao podio este domingo en Madrid, pero o teense Ezequiel Mosquera completou unha extraordinaria Vuelta a España, na que finalizará en cuarta posición. Este sábado realizou unha cronoescalada sensacional, na que finalizou sexto, pero en ningún momento puido achegarse ao obxectivo de descontarlle a Carlos Sastre o minuto de diferenza que necesitaba para arrebatarlle a terceira posición.

Sastre era, obviamente, un duro rival, que aínda que chegou algo xusto ao final da tempada, neste ano gañou o Tour de Francia. Na etapa gañou Levi Leipheimer, que lle recurtou 31 segundos a Alberto Contador, insuficientes para colocarse de líder. Contador converterase así, por tan só 46 segundos, no quinto home da historia que gaña Tour, Giro e Vuelta. Terceiro na etapa, co mesmo tempo de Contador, foi Valverde. Sastre foi cuarto, a 1'02, e Ezequiel Mosquera foi sexto, con sete segundos máis.

Álvaro Pino, director do Xacobeo Galicia, declarábase "enormemente satisfeito" ao rematar a etapa, e destacou que "o equipo estivo a un nivel extraordinario". Ademais da grande actuación de Mosquera, e da etapa lograda por David García Dapena, cómpre salientar que o Xacobeo finalizou quinto por equipos, por diante de escuadras con moito máis nome e orzamentos moito máis elevados.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: