A decisión, adoptada por unanimidade logo dunha breve deliberación, prodúcese dous días despois da de ANV.
O secretario xeral do PSE, Patxi López, conversa con parlamentarias de EHAK
A sala do 61 do Tribunal Supremo acordou esta quinta feira a ilegalización do Partido Comunista das Terras Vascas (EHAK, nas súas siglas en éuscaro) ao estimar as demandas presentadas polo goberno español e mais a Fiscalía.
A decisión adoptouse por unanimidade logo dunha breve deliberación e só dous días despois de que o alto tribunal acordase tamén a ilegalización de ANV.
EHAK conta unicamente con nove deputados, obtidos nas eleccións ao parlamento de Euskadi, organizadas o 17 de abril de 2005.