Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NOVA INICIATIVA PARA DEIXAR DE FUMAR

Abandona o tabaco grazas aos videoxogos

Moitas son as páxinas de internet que ofrecen consellos, métodos e decálogos para deixar de fumar, pero a maior novidade desta temporada vén da man dos videoxogos.

Redacción - 13:05 18/09/2008
Un dos xogos para deixar de fumar

Un dos xogos para deixar de fumar

Unha iniciativa desenvolvida pola empresa farmacéutica Pfizer ofrece en internet a posibilidade de loitar por conseguir deixar o tabaco a través de tres xogos clásicos: o Pack Man, o Fogger e o Bin It!.

Trátase da remodelación destes títulos da historia do videoxogo aos que se pode acceder a través da web www.quittersarcade.com. Ao estilo das antigas máquinas de arcade, os xogadores enfróntanse ao seu maior "inimigo": o tabaco.

O obxectivo do xogo é destruír o maior número de caixas de tabaco ou ben chegar antes ca ninguén á consulta dun médico especialista que lle axude a vencer a adición.

Con esta peculiar iniciativa, Pfizer pretende achegarse aos máis mozos, un grupo de idade sobre o que as medidas para erradicar o tabaquismo semellan non ter demasiado efecto.

E é que os videoxogos para deixar de fumar nin xulgan nin obrigan a facer nada, tan só apoian aos que están considerando a opción de abandonar este hábito, informándolles de modo ameno sobre os beneficios dunha vida libre do tabaco e animándoos a buscar profesionais sanitarios que lles axuden nesta tarefa.

FWWWRANDO


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: