Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
tecnoloxía

Espállase un virus informático camuflado de vídeo de sexo caseiro protagonizado por Obama

Trátase dun correo electrónico que promete imaxes do senador de Illinois gravadas en Ucraína premendo nunha ligazón.

Redacción - 14:11 21/09/2008

Hai oito anos do debut do famoso "I love you", o virus que máis perdas económicas ten ocasionado na industria do software. Aquel becho estendeuse tan rapidamente porque todo o mundo gostou da idea de recibir unha carta de amor anónima.

Hoxe os virus levan disfrace ben distinto. Segundo alertou o fabricante de antivirus Sophos, o máis recente está a propagarse rapidamente pola rede camuflado como un suposto vídeo de sexo caseiro onde o protagonista é o candidato demócrata á Casa Branca Barack Obama.

O xerme espállase como un correo electrónico que asegura que, premendo nunha ligazón, poderá verse un vídeo caseiro gravado durante a visita do senador de Illinois a Ucraína practicando sexo, pero sen adiantar con quen.

O que acontece cando o incauto usuario preme para ver as imaxes prometidas é que o verme instálase no seu computador como un programa de software espía (spyware) que accede a contrasinais e información bancaria.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: