Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
“ISLAM ONLINE” ABRE UNHA CARPA NA WEB

O mundo virtual de Second Life tamén celebra o Ramadán

A Carpa montada por este colectivo ofrece todo tipo de actividades e instrumentos para celebrar este mes de xexún musulmán.

Redacción - 13:24 17/09/2008
Imaxe do espazo para o Ramadán de Second Life

Imaxe do espazo para o Ramadán de Second Life

Farois, incensarios, tapices, alfombras e coxíns adornan a carpa aberta por Islam Online dentro do mundo virtual de Second Life. Nela ofrécese a posibilidade de vivir o Ramadán de xeito virtual, dende calquer recuncho do mundo.

Con esta iniciativa, Islam Online pretende que os usuarios poidan disfrutar do ambiente espiritual e tradicional do Ramadán, aso como dar a coñecer o Islam.

Na "jaima" de Second Life pódese, por exemplo, escoitar e ler o Corán dun enorme librp colocado no centro da carpa. Ademais, tódolos días o famoso recitador de Kuwait Mishari Rashed Al Afasi ensina como memorizar unha parte deste libro sagrado dos musulmáns.

Tamén serve este espazo como lugar onde recibir axuda, xa que nunhas sesións semanais chamadas "Primeiro ano de xexún" ofrécenselle aos fieis que cumpren co Ramadán por vez primeira consellos para solucionar os problemas que lles poidan xurdir.

Non faltan tampouco os edictos relixiosos ofrecidos por expertos na Shariá (lei islámica) que se sentan na "jaima" onda os visitantes para responder ás súas preguntas.

Despois de desaiunar, os usuarios poden elixir entre diversas actividades para divertirse, dende partidas de xadrez ata charlas sobre o Ramadán. Incluso, se ten previsto que se organice durante este mes un desfile de moda árabe e islámica, que presentará traxes de países como os Emiratos Árabes, Marrocos ou Malaisia.

FWWWRANDO


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: