O torneo masculino, todo un clásico, comparte cartel coa segunda edición dun torneo feminino en fase de crecemento.
O cartel de luxo garante o espectáculo en Vigo
Este mércores dispútanse os cuartos de final, cunha participación de luxo que garante o espectáculo no pavillón de Bouzas. A competición comeza ás 20.00 horas, co enfrontamento entre o Vigo Stick e o Concepción. O equipo local abre o torneo contra o actual campión sudamericano. A continuación o Barcelona comezará a defensa do título acadado o ano anterior, enfrontándose aos portugueses do Juventude de Viana.
O xoves xogaranse o resto de paridos correspondentes a esta fase, deixando para o venres as semifinais e para o sábado a gran final. O resto de equipos que completan este cartel de luxo son os coruñeses do Coinasa Liceo, os italianos da Follonica e os dous grandes clubes de Portugal: Porto e Benfica.
Segunda edición feminina
Este xoves comeza tamén a segunda edición feminina do torneo, na que as locais do Vigostick defenderán o título acadado o ano pasado. As súas rivais serán Noia, Compostela e Ureca de Vigo. Ao igual que na edición masculina, a final terá lugar o vindeiro sábado.