Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE FINANCEIRA

O BCE inxecta 70 mil millóns de euros máis para tranquilizar os mercados

O obxectivo é minimizar os efectos do pánico xeralizado entre os inversores europeos polo desconcerto derivado da bancarrota de Lehman Brothers.

Redacción - 12:20 16/09/2008

A incerteza nos parqués europeos é hoxe a tónica dominante despois da bancarrota de Lehman Brothers e o rescate de Merryl Lynch por parte do Bank of America. O mercado español abriu á baixa, ao igual que as demais bolsas do noso entorno, sobre todo pola preocupación a que se produzan máis crebas no sector financeiro estadounidense: en concreto os rumores avanzan a delicada situación da aseguradora American International Group (AIG).

Neste contexto, o Banco Central Europeo (BCE) inxectou hoxe un total de 70 mil millóns de euros a un tipo marxinal do 4,32% e un tipo medio do 4,40% nunha operación preventiva de axuste realizada despois de que o organismo anunciara onte que vixía de preto as condicións do mercado monetario da zona euro. Isto sucede despois de que a entidade que preside Jean – Claude Trichet realizase unha operación de axuste, inxectando tamén outros 30 mil millóns de euros.

Así ven a crise hoxe os principais xornais:

Le Monde: Os valores das bolsas europeas seguen a cair (Les Bourses européennes continuent de dévisser).

The Times: Lehman Brothers:London follows Asian fall on Wall Street fears.

The New York Times: Shares Drop in Europe and Asia.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: