O nadador vigués acadou a súa terceira medalla, primeira de bronce, nunha rápida carreira onde os tres primeiros estiveron só en 78 centésimas de segundo.
Ca carreira de hoxe Sebastián Rodríguez Veloso suma xa unha ducia de medallas paralímpicas. A vitoria correspondeu ao ucraíno Dmytro Kryzhanovsky, seguido do brasileiro Daniel Dias. O tempo do vencedor foi 33 segundos exactos, aínda lonxe 32.62 co que Chano establecera as mellores marcas mundial e olímpica nos xogos anteriores, disputados en Atenas.Rodríguez leva de Beixín dúas pratas e un bronce para sumar á súa extensa colección, á espera do 4x50 metros estilos onde comparte equipo con pontevedrés Pablo Cimadevila.